A historia de
JOSE MANUEL FERNÁNDEZ
Herdeiro da tradición da bola do Porriño, Jose Manuel é fillo de panadeiros de Mosende, unha pequena parroquia do concello onde hai rexistro desta tradición dende hai séculos. O devalo do tempo case remata acabando cunha referencia importante do pan en Galicia. Recuperar esa marca é un dos motores que un pequeno grupo de panadeiros do Porriño queren reactivar para devolverlle a reputación á bola do Porriño.