A historia deANA MÉNDEZ
A ansia por facer coas mans é unha das razóns polas que Ana Méndez chegou ao mundo da cerámica artesán. A vida foi levándoa por diferentes lugares até asentar no pequeno concello de Pazos de Borbén onde, finalmente, no ano 2018, deu o paso para converterse en traballadora autónoma para iniciar o proxecto persoal Ana Méndez Cerámica.
A observación da natureza e dos rexistros arqueolóxicos da contorna servíronlle de inspiración para ir moldeando un traballo no que foi mesturando a olaría con diferentes técnicas da cestaría tradicional.
Co barro Ana di que consegue a tranquilidade precisa para desenvolver a súa creatividade e contar unha historia a través das súas pezas.