A historia deÁGUEDA UBEIRA
Houbo unha sucesión de obstáculos que foron salvados con éxito para que Vanetta Food estea a converterse hoxe nun soño feito realidade. Águeda Ubeira implicou a súa parella, sorteu unha pandemia e reformulou o modelo de negocio cando observou que a dieta vegana podía ser un nicho de mercado interesante e unha oportunidade.
Sobre a base de ofertar á comunidade veggie algo máis divertido e variado, en Vanetta Food comezaron a investigar ata ter no seu catálogo produtos como a zorza, o lomo adobado ou o cachopo. De camiño xa veñen, en breve, a morcilla e as croquetas.
E sempre insistido en que os seus produtos son saudables e libres de conservantes, colorantes e aditivos.