A historia de
XAQUÍN ÁLVAREZ
Xaquín Álvarez é un empresario de referencia en Tomiño. Fundou xunto a outros socios a empresa Río Tollo e tamén foi cofundador de Adegas das Eiras (Terras Gauda).
Río Tollo é unha empresa que se dedica ao cultivo de planta ornamental. Produce ao ano 1,7 millóns de plantas de camelia que se distribúen no mercado galego, español e internacional. Tamén cultivan outro tipo de variedades de planta ornamental tales como a hortensia ou o rododendro.
A economía dos viveiros é unha das principais fontes de riqueza do concello de Tomiño.