A historia de
SALVADOR MARTÍNEZ

Pequeno produtor de mirabel que sae dunha experiencia piloto colectiva na que finalmente quedou só el. Dispón dunha extensión total de 7ha de mirabeleiros no concello do Rosal. O mirabel é un froito asociado practicamente a este pequeno concello do Baixo Miño. Vende en fresco e a súa produción pode variar, dependendo do ano, entre os 20 mil e os 60 mil kilos de produto en fresco. Parte da produción, a excedente, dedícaa a procesar e transformar este pequeno froito do que resultan referencias como o mirabel en almíbar, o marmelo de mirabel ou a cervexa baixo a marca ALÉN DO VAL.

Ser capaces de manter unha explotación viva e todos os anos producir unha froita tan singular e que se comercialice en toda Galicia é un reto, é unha experiencia que te enche.

― Salvador Martínez ―