A historia de
ROSA ÁLVAREZ
Seguramente ninguén sabe tanto de rosquillas como Rosa Álvarez. Ao pouco de nacer xa estaba axudando á súa nai para seguir mantendo a tradición familiar, que segue en pé porque, como di Rosa, non se entende unha festa en Galicia sen “santo ou santa, gaiteiros, polbo e rosquillas”. E aí está o segredo das rosquillas que se fan dende Gondomar e que se venden por toda canta festa e romaría hai no país.