A historia de
MARTÍN FERNÁNDEZ

Xerente da empresa de produción de kiwi KIWIATLÁNTICO. O kiwi é un produto ao que case podemos considerar galego. A variedade  Hayward chega a nosa casa a partir do mes de novembro. Do seu avance na  nosa dieta fala a cantidade de kiwi que hoxe se produce no sur de Galicia e que  é comercializado baixo o paraugas da distribuidora KiwiAtlántico. Visitamos a  finca de cultivo de kiwi máis grande de Galicia no concello de Oia, case 50 ha deste cultivo que non desmerece en nada a calidade dos que chegan da China,  Nova Zelandia e Italia, principais produtores mundiais deste froito. 

Conseguimos que o consumidor de toda España valore a nosa froita, a froita de orixe galega coma unha froita de calidade

― Martín Fernández ―