A historia de
VERÓNICA RODRÍGUEZ
As vioncas non son empanadillas, son vioncas. Esa foi a intención de Verónica e Miguel, dous irmáns que probaron a xogar para crear unha masa rechea con personalidade propia. E o que comezou sendo un proxecto vai tomando forma e medrando.
A vionca é un produto con alma viaxeira e tamén cunha forma única. Podes atopar vioncas inspiradas na cociña tradicional, pero tamén hai vioncas que nos trasladan a Asia ou América Latina sen esquecer aos vexetarinos/veganos, para eles tamén hai vioncas á súa medida en cor verde.
Se queres probar un surtido de vioncas podes encargalas online porque existe o reparto a domicilio. Proba e xa contarás, probablemente repitas.