A historia de
FE GONZÁLEZ
Nunca é tarde. Iso foi o que aconteceu no caso de Fe González que se lanzou con trinta anos a estudar o oficio de xoieira. E abofé que esa arela resultou e consolidouse até chegar a conseguir ser na actualidade unha autora de referencia no panorama galego da xoiaría.
O seu traballo faino empregando como base a prata, latón e o ouro aos que pode engadir pedras, plásticos ou aluminio para conseguir darlle forma a creacións únicas polo seu deseño.
Podes acudir mesmo ao seu obradoiro en Oia, previa cita, ou chamala para solicitar un traballo personalizado por se o que queres é unha xoia feita á túa medida.