A historia de
FERNANDO GODOY

A pedra é un material singular por todo o que significa na nosa cultura ao longo da historia pero tamén na vida e na nosa contorna máis inmediata aínda hoxe. De pedra granítica están feitas as moradas dos poboadores castrexos, as pontes romanas, as igrexas do período románico ou as catedrais de estilo barroco do país.

Desa tradición saben ben no Grupo Godoy Maceira, unha factoría familiar do Porriño que se embarcou nunha empresa que ten como obxectivo a transformación do granito para a súa comercialización en usos de todo tipo procurando un valor extra á nosa pedra.

Segundo as cifras do Cluster do Granito en Galicia este sector xera 5000 empregos directos e indirectos e é a segunda industria por importancia neste ámbito en Europa. Os ingresos do sector en vendas de granito elaborado e en bruto rondan os 120 millóns de euros anuais.

Somos xa moitas xeracións as que nos adicamos ao sector da pedra

― Fernando Godoy ―