A historia de
ANDRÉS TOLEDANO
O proxecto Trisk-Ale foi un punto e aparte nas vidas dos irmáns Toledano. Andrés e Roberto puxeron o contador a cero e decidiron que a súa vida tiña que discorrer en Nigrán. En 2009 comezaron a facer cervexa como pasatempo para eles e as súas amizades. Aínda era, daquela, unha simple afección.
O seguinte paso foi coñecer máis en profundo a cultura da cervexa. Esa investigación levounos a montar un negocio de hostalería cunha pequena fábrica de cervexa. O obxectivo era vender e dar a coñecer o seu produto.
Coa pandemia e o confinamento atoparon o momento idóneo para estruturar un modelo de negocio máis ambicioso pero asentado na contorna. Todo baixo o paraugas da idea pensa en global, bebe local.
A súa filosofía de mercado é vender cervexa nun radio de 50 kilómetros e defender o modelo da economía circular.