A historia de
MARINA ÁLVAREZ

O oficio de redeiras ou atadeiras é un traballo tradicional feito, maiormente, por mulleres. Un labor historicamente pouco recoñecido e mal pagado. Marina Álvarez, atadeira da Asociación de Redeiras Atalaia, comezou xogando co oficio sendo nena e aprendendo á beira da súa avoa e da súa nai.

As redeiras fan todo a man, con paciencia e horas de traballo. Agora, e despois de anos de reivindicacións, conseguiron ter recoñecido o seu oficio para traballar en condicións laborais óptimas.

As atadeiras da Asociación Atalaia tamén obtiveron visibilidade creando pezas artesanais a través de obradoiros que impartiu para elas a Fundación Pública Artesanía de Galicia. Colaboran, tamén, con creadoras e creadores deseñando obxectos que utilizan as redes como parte dos seus elementos.

De nena xogaba coas agullas vacías polo medio das atadeiras [redeiras] e así aprendín a atar

― Marina Álvarez ―