A historia de
PATRICIA ELOLA
As viaxes polo mundo adiante dunha parella conseguiron que de volta a casa, en Tui, comezasen a especular coa posibilidade de mesturar produto de proximidade coa intención de conseguir realizar salsas locales coa referencia de outras de diferentes continentes. Por que non facer unha salsa sriracha, de orixe tailandesa, con pemento de Padrón?
Patricia Elola é a persoa que está detrás de VIRAVOLTA, un proxecto dedicado a facer posible que as súas salsas teñan un marcado carácter artesán e divertido. Así foron aparecendo sucesivamente outras ideas como a salsa pesto con grelos, a salsa Yucatán, de inspiración mexicana, feita con mirabeis ou unha mostaza feita, tamén, con semente de grelo.
As salsas de VIRAVOLTA certifican a orixe dos produtos e non conteñen conservantes.