A historia deAITOR MARTÍNEZ

Aitor Martínez decidiu dar un xiro a súa vida para enfocarse no traballo en madeira, unha paixón que tiña latente e que consumou ao pouco de asentarse en Galicia e coñecer ao seu mestre e amigo, Adrián Pena. A el débelle os primeiros pasos na formación pouco antes de voar en solitario para comezar a construir a súa carreira.

Logo de comezar fabricando pequenos xoguetes Aitor púxose a traballar na procura dunha linguaxe propia co obxectivo de que foran aparecendo cousas e formas cando se poñía fronte ao torno, un aparato que, confesa, é moi aditivo cando se empeza a ver como nacen as pezas.

A marca Artesanía Aitor defende a identidade dunha obra que está ligada ao lugar e a orixe da madeira.

Eu emociónome facendo as pezas. Supoño que iso transmítese dalgunha forma

― Aitor Martínez ―