A historia de
ALICIA BENADE
Alicia leva dous anos á fronte dun proxecto (TRIGO Y LIMPIO) no que se embarcou grazas á súa avoa. Farta de ver o avance do pan e das fariñas industriais, esta graduada en Administración e Dirección de Empresas abandonou a súa zona de conforto e decididiu converterse en produtora de trigo da variedade callobre no lugar de Pexegueiro, no concello de Tui. Comezou plantando 1,5 hectáreas e este ano xa avanzou até chegar ás 4,5 hectáreas. É unha proposta de empresa de pequeno formato na que tamén está involucrado o seu irmán.