A historia de
ÁLVARO LEIRO
Nado na parroquia de Moscoso (Pazos de Borbén), Álvaro Leiro buscou nun accidente unha oportunidade. Obrigado a deixar o seu traballo (brigadas antiincendios) por unha baixa laboral, púxose a indagar no que lle gustaría facer para gañar a vida. Xurdiu a posibilidade de traballar coa palla, como fixeran xa o seu avó e tamén o seu pai. Coa formación que recibiu nunha escola de artes e oficios en Vigo, lanzouse a facer, a inventar e a recuperar a tradición da cesteiría en palla de trigo e centeo.
Hoxe Álvaro Leiro é unha das principais referencias no país se falamos do estudo da coroza, unha vestimenta tradicional para defenderse da chuvia e deseña tamén pezas en coiro para a firma de moda e complementos Loewe.