A historia deANA GANDÓN
Os proxectos de vida son aqueles que fan posible que esa vida xire de norte a sur. Deixar a urbe para explorar a posibilidade de vivir e traballar nun lugar que se pareza a un pequeno retiro e abandonar a vida inzada de ruído e estrés da cidade. Un soño de parella, de Ana e de Xurxo, que agromou no concello de Oia onde hoxe se pode pedir pousada para descansar na casa rural renomeada como Budiño de Serraseca.
Respectando a base da arquitectura tradicional da casa matriz encargaron a reforma integral a un amigo arquitecto, Salvador Fraga. O resultado da intervención apenas deixou a pegada do arquitecto. A solución final da nova casa é resultado dunha impecable mirada do autor da reforma. Un conxunto no que se insertan a vivenda privada e os espazos residenciais reservados para os visitantes.
O Budiño de Serraseca sorprende polo afastado da ubicación e por ser un lugar para entrar en contacto coa natureza e cun mesmo, se un está preparado para retirarse por un momento da vida levada con apuro.