A historia de
CAMILO GRANDAL

Da moda galega habería moito que contar en pasado. O presente segue a estar escrito, tamén, por un pequeno tecido produtivo ao que pertence Artesanía Granlei, unha empresa que naceu nos anos oitenta do século pasado para crear moda para bebé e nenas e nenos de ata oito anos de idade.

Camilo Grandal e Inés Leirós seguen ao pé do traballo creando coleccións e superando todas as dificultades derivadas dun mundo globalizado e competitivo como acontece no negocio téxtil.

Artesanía Granlei segue a ser unha firma recoñecida porque trata de traballar sobre uns criteiros de calidade e acabados que xa son difíciles de atopar.

Todo pasa polas mans para que estea feito co máximo coidado posible

― Camilo Grandal ―