A historia deCELIA CASAS

Restaurar e conservar o patrimonio, ese é o traballo que desenvolve a pequena empresa ARA Conservación e Restauración desde o concello de Nigrán. Unha tarefa que ten por obxecto intervir nun ben artístico e patrimonial para que non se estrague, nin se perda. Esa é a encomenda profesional que segue Celia Casas, responsable na dirección de ARA.

Todo o que ten que ver coa restauración e a conservación dunha obra agocha un proceso de traballo rigoroso. Débese analizar científica e historicamente como afectaron as diferentes intervencións que houbo sobre as obras ao longo de séculos coa finalidade de procurar a súa posta en valor.

É preciso, insiste Celia, “moita educación para que a xente entenda o importante que é preservar o patrimonio para que todos estes bens cheguen ao futuro”.

Intentamos tratar e conservar as pezas para que cheguen ás xeracións futuras

― Celia Casas ―