A historia de
ENRIQUE COSTAS

O viño do Rosal é o exemplo de como a construción dunha marca é posible se hai un traballo de fondo amparado por criterios de calidade e visión de futuro. En poucos anos o que só era un viño maioritariamente de produción doméstica e autoconsumo conseguiu medrar para constituírse como referencia, incluso, máis alá do noso país. A mestura de uva das castes de cepas albariño, loureiro e caíño fan posible que O Rosal e a comarca do Baixo Miño construísen unha economía produtiva de referencia.

Fomos capaces entre todos de traspasar esa barreira do recoñecemento local e da casa, a crear a marca do viño do Rosal, que está posicionada na hostalería nacional e internacional.

― Enrique Costas ―