A historia de
FARA MÍGUEZ

Do que se trataba Tía Estébana era de construír un espazo diferente dedicado á alimentación para os veciños e veciñas de Redondela. E niso aplicáronse Fara e Xan para seguir vivindo e traballando na vila choqueira. O soño virou en realidade aproveitando un baixo familiar que estaba abandonado.

Ocupáronse cen por cen ao proxecto para ir seleccionando e acumulando produtos de calidade que non se poden conseguir habitualmente na alimentación convencional. Esa é a filosofía de traballo á que se vinculan.

A Tía Estébana tamén conta con tenda online e un espazo gastronómico que podes reservar en exclusiva para gozar de experiencias á carta.

Ten que ser aquí, en Redondela. Queremos facer unha vida de pobo

― Fara Míguez ―