A historia de
FÁTIMA BEAMONTE

A afección á cociña e ás redes sociais fixeron posible que Fátima Beamonte dera un xiro á súa vida. Interesáballe presentar as elaboracións gastronómicas con meticulosidade e para iso era imprescindible o deseño dunha louza especial. Así naceu o proxecto Lucky’s Bakes hai tres anos.

A pandemia provocou que Fátima e a súa familia deixaran os Estados Unidos para volver a Galicia. Con tempo para aprender os fundamentos da cerámica, unha cousa levou a outra e, case sen querer, todo comezou a xirar en torno á creación en barro esmaltado.

A cerámica de Fátima inspírase nas cores da natureza e orienta a súa produción á creación de pezas de uso diario con especial fixación nas cuncas de almorzo.

Intento co esmalte imitar o mar, o monte, que é o que me rodea e me inspira

― Fátima Beamonte ―