A historia deGEMMA MARQUÉS
A cultura nas vilas pequenas pode chegar a ser, ás veces, un ben escaso. A aparición, polo tanto, de espazos privados e autoxestionados por persoas con inquedanzas creativas e culturais teñen un valor extra. Iso é o que acontece en A Guarda con La Casa Taller, unha vivenda familiar que se transforma nun espazo lúdico e creativo onde a cultura manda.
Gemma Marqués e a súa parella decidiron que á beira do porto de A Guarda podían achegar o seu grao de área á comunidade para esas persoas que buscaban unha alternativa de lecer. Concertos de música, cine na terraza ou cursos e exposicións de pintura son as artes que poden aparecer na programación de La Casa Taller.
E desta historia xa hai quince anos, que están de aniversario e queren seguir programando nunha pequena casa pintada de azul onde pasan cousas inesperadas.