A historia deJULIA DE LA CAL

A historia de Julia de la Cal é un clásico ida e volta. Marchou, sendo moza, para estudiar en Barcelona e volveu ao Porriño para asentar a súa vida traballando como deseñadora e artesá cesteira. Emprega a madeira de vimieiro como principal materia prima para a elaboración das súas creacións. Co vimbio, di Julia, “pódese facer case de todo.”

Acompañada da súa formación en deseño industrial Julia comezou a investigar no seu taller de O Porriño sobre o grande abano de posibilidades que ofrece a técnica da cestaría. Aplicando este coñecemento pódese construír desde un tellado, mobiliario, calzado ou ata un coadoiro para infusionar té.

Un dos proxectos máis especiais nos que participa desde hai tempo é na construción de cabanas de vimbio para nenas e nenos en colexios de educación infantil e primaria. Alí convértese nunha mediadora e tamén en guía para realizar arquitecturas con vida propia.

Aquí teño máis tempo para facer as cousas que desexo e sen tanto barullo.

― Julia de la Cal ―