A historia deJULIÁN SÍO

Adoitase dicir que unha boa alimentación é fonte de boa saúde. Ese é o motor vocacional de Julián Sío que hoxe produce pan baixo a marca O Muiño da Espelta. Unha intolerancia ao glute provocou que tivera que buscar solucións para prescindir das fariñas que lle sentaban mal.

Julián comezou a formarse hai 15 anos para poder facer pan sen ter que compralo. O que comezou sendo un experimento hoxe é un negocio consolidado. O segredo do seu negocio é traballar con fariñas de calidade empregando variedades como a espelta, o trigo kamut, centeo, trigo sarraceno, arroz ou millo.

Agradece escoitar aos seus clientes que o pan que elabora séntalles ben.

Paso moitas horas facendo pan pero eu conéctome aí e o tempo pasa diferente

― Julián Sío ―