A historia de
KEILA POUSA
Un chourizo vexetal en Galicia? Parecía un atrevemento até que tres mulleres decidiron poñer en marcha ese produto ao que chamaron Calabizo, un chourizo de cabaza con todo o que ten que ter un chourizo, mais sen porco.
Sofía, Edurne e Keila déronlle para adiante a un alimento que impactou. Co firme convencemento de que existía un oco no mercado para un chourizo vexetal atinaron na súa aposta e hoxe o calabizo é un fixo en moitas tendas pequenas e lineais de grandes distribuidoras comerciais do país.
O calabizo é un ingrediente que vai con todo e podes integralo nunha tortilla, nas lentellas, nun guiso ou mesmo comelo en cru.