A historia de
MANUEL GREGORIO

Manuel Gregorio naceu e criouse ao pé da Serra do Suído, no lugar da Laxe. Un territorio montañoso onde sempre existiu a gandeiría en extensivo de vacas e cabalos. Talvez por iso o seu destino era continuar co traballo que se fixo tradicionalmente na súa casa, a cría de vacas de montaña no concello de Fornelos de Montes.

Continuar con ese labor tiña como obxectivo conseguir que a cría de vacas puidera constituirse como un medio de vida con futuro para el e a súa familia sendo consciente da dificultade que comportaba esta decisión.

Sobre 500 ha de territorio de montaña Manuel Gregorio cría vacas que medran nunha contorna natural privilexiada. Decidiu, tamén, facer a venda directa da carne do seus animais coa apertura das Carnicerías Grego en Vigo e en Cesantes (Redondela).

O bonito disto é que os animais estean en liberdade.

― Manuel Gregorio ―