A historia deMARCOS RODRÍGUEZ
A abella (Apis Mellifera) é un insecto que non só produce mel, aínda que seguramente é o produto polo que moitos e moitas coñecen a este pequeno becho que pertence á orde dos himenópteros. Seguramente cando Marcos Rodríguez decidiu abandonar a hostalaría non coñecía este detalle, pero como rapaz de aldea intuía que coas abellas podía comezar unha aventura frutífera.
Con moito esforzo, grandes doses de autodidactismo e moitas horas de traballo, Marcos decidiu investir capital e probar a darlle un xiro á vida. Hoxe pode dicir que xestiona nos montes do concello de O Rosal cincocentas colmeas onde as abellas traballan para a súa empresa, Mel Niño do Corvo.