A historia de
MATEO MARTÍNEZ

Unha viaxe a Brasil cambiou a vida de Mateo. A súa familia en América estaba ligada ao mundo do café e quedou atrapado nesa rede. O que aconteceu a partir dese momento foi unha continua e constante aprendizaxe para coñecer todo o que ten que ver cun produto imprescindible para boa parte da humanidade.

Mateo viaxou, formouse e explorou territorios e produtores até converterse nun importador e comercializador de cafés exclusivos para clientes selectos e esixentes. E comprobou que o café dá moito de si se un quere experimentar.

Ademais do seu labor comercial organiza cursos e catas limitadas no seu obradoiro de A Guarda para aqueles que queiran vivir unha experiencia con recendo a café.

O consumidor ten un universo de investigación por diante

― Mateo Martínez ―