A historia deMIGUEL MARTÍNEZ

Os proxectos de vida nacen e progresan se hai persoas con conviccións e cunha liña de traballo coherente. Miguel e Encarna fixeron o posible para que O Lagar en Eiras, un restaurante ligado ao produto con identidade, permanecese no tempo. Hoxe superan as tres décadas no mundo da gastronomía desde unha casa labrega no concello de O Rosal.

A base da súa filosofía é traballar proximidade e tempada. Os produtos da horta que se cultivan no Baixo Miño combínanse con elaboracións onde existen referencias como o porco celta, galo de Mos ou vaca cachena. Tampouco falta o que trae o río Miño, sobre todo a lamprea e o sábalo cando están en tempo.

O que pretenden desde o Lagar en Eiras é que o cliente se sente á mesa contando que todo o que lle van a ofrecer será apetecible.

Á xente que ven de fóra de súpeto ábreselle un mundo

― Miguel Martínez ―