A historia de
MIGUEL OLIVEIRA
Miguel Oliveira aprendeu a destilar coñecendo a tradición desde moi neno. Do coidado e tratamento do bagullo da uva branca do Baixo Miño naceu a súa marca hai vinte e cinco anos. Pazo Valdomiño é hoxe unha das principais referencias de augardente e derivados feita en Galicia.
Traballo rigoroso, calidade e coidado da imaxe de marca son os principais sinais de identidade desta destilería ubicada na parroquia tomiñesa de Goián. Miguel cre firmemente que a augardente galega pode competir no mercado internacional traballando desde a excelencia.
Este ano Pazo Valdomiño producirá máis de 1 millón e medio de botellas para o consumo.