A historia deMONTSE FREIRE
O comercio local dá vida e nunha vila pequena tece comunidade. Desa opinión é Montse Freire, unha tendeira que escolleu hai catro anos asentarse no casco histórico de Redondela para inaugurar unha tenda de produtos de alimentación baixo o nome de marca “A tenda do avó”. Escolleu a vila choqueira porque é un lugar no que “hai movemento”, afirma.
Coa etiqueta de tenda de produto fresco, de proximidade e alimentos a granel “A tenda do avó” é un espazo pequeno onde os veciños e veciñas da vila atopan produtos de temporada que achegan proveedores de confianza e da contorna.
O día a día de “A tenda do avó” é un constante ir e vir de clientes que chegan preguntando por produtos nos que confían. Esa é a esencia do pequeno comercio, o trato directo e manter un servizo esencial para veciños e veciñas que procuran calidade nos alimentos que consomen.