A historia de
NEREA GONÇALVES

Di Nerea que no rural pasan cousas e hai que descubrilas. Defensora desa idea volveu para O Porriño despois de pasar uns anos na América do Sur e tamén na do Norte. O motivo era buscar o seu sitio en casa para volver atoparse coa terra e coa esencia.

Despois de darlle un par de voltas decidiu que o que lle apetecía era ter un espazo de traballo compartido. Polo camiño cruzouse unha casa, e foi amor a primeira vista, di ela. Alí é hoxe onde está ubicada a Tribu Coworking.

A reforma non transformou a casa. O espazo deseñado respectou a distribución orixinal para conservar a memoria do inmoble. E todo vestido con cores cálidas e unha presenza importante de vida vexetal. Un lugar para traballar en contacto e cooperación.

O nacemento de Tribu ven de volver á esencia, volver á terra

― Nerea Gonçalves ―