A historia deNURIA, ANTÍA E UXÍA

Ás veces aparecen momentos nos que, por razóns diversas, hai que xuntarse e traballar en equipo. Iso foi o que aconteceu con Nuria, Antía e Uxía. As tres decidiron que todo cadraba para colaborar e pensar nun proxecto de futuro. Así foi como naceu La flores de Greta, un lugar para crear empregando a técnica do ecoprint, a estampación vexetal sobre fibras téxtiles.

O proceso é moi simple. Recollen follas e flores de diferentes especies vexetais que viven na contorna do seu taller de Morgadáns (Gondomar). Un pequeno bosque de ribeira ten a diversidade precisa para conseguir todo o material orgánico necesario.

A traslación de follas e flores sobre tecidos logo de facer un tratamento axeitado obra unha pequena milagre. O bosque de ribeira queda impregnado en diferentes prendas de vestir e complementos e a natureza cobra, deste xeito, unha nova vida.

Necesitabamos algo que nos conectara máis coa natureza e a calma.

― Nuria Benlloch ―