A historia deÓSCAR ROMERO
A paixón de Óscar apareceu nunha cociña de Alemaña. Fillo de emigrantes galegos, o neno axudaba, xogaba e aprendía a facer os primeiros doces na compaña da súa nai. De volta a Tui, Óscar continuou aprendendo até que, sendo xa mozo, tivo que tomar a decisión de coller a pastelería da familia previa formación cun mestre pasteleiro en León.
A curiosidade provocou que o xoven pasteleiro deixase o negocio familiar para facer as maletas, como fixeran os pais, e buscar un seguinte destino onde seguir formándose no mundo dos doces. Ese lugar foi Londres. Alí conseguiu saciar a sede de aprendizaxe durante anos. Despois, volveu a casa.
Hoxe o taller de doces Óscar Romero é un clásico de Tui. O seu segredo é captar os gustos do cliente elaborando tartas, onde as cremas aireadas con nata, as especias, os froitos secos ou a froita fresca de temporada mestúranse organizadamente para facernos sentir algo único.