A historia dePABLO RODRÍGUEZ

Volver a casa cunha idea e poñela en marcha. Ese foi o motor de partida de Pablo Rodríguez cando deixou Madrid para volver ao Porriño. Gustáballe o comercio e tiña estudiado un modelo de negocio onde poñer en valor produtos de calidade con denominación de orixe. Un ultramarino para poder atopar aquelas cousas que buscan os consumidores que apostan polo pequeno comercio con identidade.

Buscar un local levoulle dous anos, “se o facíamos queríamos facelo ben”, di. E apareceu a oportunidade no centro da vila, ao pé do concello. Unha reforma sinxela para contruír un proxecto de familia “apegado ao Porriño” onde a súa nai foi, inicialmente, a cara visible para un público que xa coñecía ben despois de toda unha vida dedicada ao trato co público.

Di Pablo que hai que escoitar sempre ao cliente para traer o que eles queren. En resumo, El Ultramarino é un negocio local que defende os valores do rural e incentiva a xeración de vida nunha vila como O Porriño, porque, como di, tamén “existen as oportunidades nos lugares máis pequenos”.

O noso é un proxecto de familia, un proxecto apegado ao territorio

― Pablo Rodríguez ―