A historia deRAMÓN E NOELIA
Ramón e Noelia coñecéronse en Pontevedra e a vida levounos, ao pouco tempo, a vivir unha experiencia en Austria. Alí foi onde naceu Papelier, un proxecto de vida que se foi escribindo sobre papel, a materia prima coa que traballan para facer as súas creacións.
Con formación artística e de deseño, esta parella, asentada agora en Baiona, aplicou os seus coñecementos sobre un material que aínda resiste na era dixital. Ilustracións, libros e todo o que ten que ver co mundo da papelería artesán é o que un pode atopar baixo a marca Papelier.
Agardaron o seu momento para conseguir un espazo físico para que Papelier fora tamén un espazo tenda e obradoiro onde agora traballan con paciencia artefactos construídos e deseñados sobre un soporte que ten inmensas posibilidades.