A historia de
SILVIA CRISÓSTOMO

Dise dunha idea peregrina cando alguén ten unha idea rara, exótica ou estrambótica. Nada diso ten que ver coa idea á que se aventuraron as irmás Crisóstomo na súa vila natal de Tui. Unha viaxe feita co seu pai polo Camiño de Santiago no ano 1993 foi o xermolo de todo.

O tempo pasou e Silvana e Mónica deixaron outros plans de vida e decidiron comezar un camiño e tamén un negocio para crear un establecemento de hospedaxe e hostalaría para os peregrinos e peregrinas que transitan polo roteiro portugués.

Hoxe Ideas Peregrinas, situado mesmo no Camiño Portugués e apenas a uns metros da Catedral de Tui, recibe a centos de visitantes que reparan o seu cansazo nunha fermosa e acolledora casa no casco vello desa cidade fronteiriza. Se pasas por alí podes comprobalo ti mesmo/a.

Queriamos poder traballar no lugar onde crecimos. Tui é un espazo incrible

― Silvana Crisóstomo ―