A historia de
SIMÓN BARCIA

Dentro da denominación de orixe do viño Rías Baixas hai unha subzona que aínda está por descubrir para o gran público. É a chamada subzona de Soutomaior. Este territorio agrupa hoxe a tres pequenas adegas que colleitan e fan viño albariño. Unha delas chámase Noelia Bebelia e naceu nunha conversa de coche entre unha parella, Simón e Noelia.

Conseguiron un arrendamento de monte común no concello de Soutomaior e plantaron 5 hectáreas de viñedo. Nesa terra de monte pero moi perto do mar coidan cepas albariño para facer viño branco. Tamén cultivan brancellao, caíño e sousón para elaborar un tinto. Viños con sabor a terra na procura de autenticidade. Viños de terruño, como din eles.

Noelia Bebelia ten unha producción limitada que ronda ás 27 mil botellas. Hoxe xa conseguiron exportan por diferentes lugares do mundo un viño con etiqueta de Rías Baixas Soutomaior.

A nosa filosofía é elaborar os nosos viños únicamente a partir das uvas que nós cultivamos

― Simón Barcia ―