A historia de
XAQUÍN ÁLVAREZ

Xaquín Álvarez é un empresario de referencia en Tomiño. Fundou xunto a outros socios a empresa Río Tollo e tamén foi cofundador de Adegas das Eiras (Terras Gauda).

Río Tollo é unha empresa que se dedica ao cultivo de planta ornamental. Produce ao ano 1,7 millóns de plantas de camelia que se distribúen no mercado galego, español e internacional. Tamén cultivan outro tipo de variedades de planta ornamental tales como a hortensia ou o rododendro.

A economía dos viveiros é unha das principais fontes de riqueza do concello de Tomiño.

Nunca pensamos chegar tan rápido ao que chegamos. Todo pasa por crer no que estás a facer, crer na túa terra

― Xaquín Álvarez ―